Nos últimos artigos que publiquei, sempre defendín e apoiei a organización de festivais de música na miña cidade, pero creo que tamén é importante resaltar o impacto negativo que estes eventos poden chegar a ter na contorna onde se celebran. Neste caso, o dano á flora e fauna que o festival Wake Up & Dream xerou no parque de Bens, un espazo natural de interese local que require de especial protección contra a contaminación acústica. O cartel deste festival de música electrónica celebrado o pasado venres 14 e sábado 15 de xullo estaba encabezado polo DJ británico Carl Cox e Andrea Oliva, xunto a outros grandes nomes como Klangkuenstler ou Fátima Haji. As festas Wake Up adoitan celebrarse na Sala Pelícano, pero a festa tarsladouse a este espazo natural da man do festival Dreambeach de Almería, cunha asistencia por noite de ata 5.000 persoas.

Asociacións ecoloxistas como o Grupo Naturalista Hábitat ou Ecoloxistas en Acción, condenaron a celebración do evento en eses espazo natural e tomaron as accións necesarias para tentar mover o festival a outra localización, lamentablemente sen éxito. Para poder coñecer con máis detalle o negativo impacto ambiental que xerou o Wake Up & Dream nesta zona protexida, tiven a honra de falar con Cosme Daniel Romay, biólogo e socio de Hábitat. O Grupo Naturalista Hábitat é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa polo estudo e a conservación dos espazos naturais  e a biodiversidade de Galicia. Espero que esta entrevista sirva para que os organizadores de futuros festivais teñan en conta todos os factores á hora de planificar un evento destas características e o valor engadido que lle pode achegar a un festival que este sexa declarado como ambientalmente sostible.

En primeiro lugar, cóntame un pouco sobre Hábitat.

Somos unha masa social que está crecendo, estamos xa por riba dos 300 socios e temos miles de simpatizantes nas redes sociais, contamos con varios programas de voluntariado e outras actividades de educación ambiental. Organizamos charlas, cursos, temos unha escola de naturalistas onde facemos formación para a cidadanía que quiera aprender sobre a flora e a fauna que hai en Galicia. Temos unha labor moi importante en conservación e en custodia do territorio para intentar que o futuro no que medran os nosos fillos sexa mellor que o noso. A nosa sede está na Coruña desde o ano 1979 e actuamos en moitas áreas da comarca da Coruña.

Como está catalogado o Parque de Bens?

O parque de Bens é un espazo natural catalogado como zona de protección acústica. O Concello da Coruña aprobou en 2012 unha planificación da cidade para evitar ruidos e molestias aos veciños, establecendo un límite de 55 decibelios tanto na noite e como no día nas zonas consideradas como espazos naturais. Entre esas áreas están a contorna da Torre de Hércules, as illas de San Pedro, o Monte de San Pedro e o Parque de Bens. A especial protección destas zonas volve estar referenciada no plan de acción en materia de ruido do Concello da Coruña de 2017.

Carpa instalada para o festival do Parque de Bens

Carpa instalada para o festival do Parque de Bens

Qué decibelios chegaron a alcanzar no festival?

Nun concerto de música electrónica, as emisións de son están por riba dos 90 decibelios, chegando incluso a superara os 100. Nos fumos a medir o ruido na fase de montaxe da carpa e dos escenarios e xa detectamos picos por riba de 73 decibelios. Xa nos días de festival, un compañeiro de Ecoloxistas en Acción arrimouse a zona cando estaban en pleno concerto e mediu 101.5. O aumento dos decibelios non é lineal, senón exponencial, polo que o aumento dos decibelios é moito máis que o dobre do permitido. Aparte diso, xusto no lugar onde se instalou a carpa e onde iba moverse a xente hai un pequeno retazo dun hábitat de interese comunitario para a Unión Europea, que son as buceiras secas europeas.  Nesa zona tamén existe un tipo de vexetación  que medra sobre formacións rochosas graníticas. O pisoteo que puidera haber nesa área podería destrozar o hábitat.

Cal é a riqueza da flora e da fauna do Parque de Bens?

Primeiro, é importante destacar que existen 3.700 especies distintas  no Concello da Coruña, e o Parque de Bens é unha zona onde crian especies ameazadas de extinción como o Corvo Mariño Cristado (Gulosus aristotelis) e duas especies de anfibios en réxime de proteción especial, como o Lagarto Arnal (Timon lepidus). En total hai protexidas por lei 2 especies de lagartos, 27 especies de aves protexidas e 2 especies de morcegos. Tal como indicamos nas alegacións, estes últimos poderían verse especialmente afectados polo ruido do festival, xa que os morcegos aliméntanse coa axuda dun sonar natural que teñen.

Corvo Mariño Cristado (Gulosus aristotelis)

Corvo Mariño Cristado (Gulosus aristotelis)

É este o primeiro festival que se celebra no Parque de Bens?

Sí, é o primeiro. Tense feito algúns eventos multitudinarios na  zona da Torre de Hércules, pero xa non se autorizaron máis desde que foi proposta como espazo natural de interese local. Non queremos que o Parque de Bens se consolide como un espazo de concertos porque non é o lugar adecuado, nós temos a esperanza de que sexa un gran pulmón verde na nosa cidade. O problema neste tipo de eventos é que aínda o 90 por cento dos asistentes se porte correctamente, sempre haberá un 10 por cento de cafres que van estar tirando lixo por todos lados. Nós fixemos unha primeira avaliación da densidade de lixo que había antes do concerto e estimamos que había un obxecto cada 10 metros cadrados, fomos depois do concerto e había un obxecto cada metro cadrado. A celebración do festival é completamente lexítima, pero  os organizadores teñen que reflexionar se o lugar e a época na que se celebra é a adecuada, porque neste caso non o foi.

Qué medidas tomachedes para intentar evitar a celebración do Wake Up & Dream no Parque de Bens?

Nos solicitámoslle ao Concello en xuño que reconsiderara a ubicación, propoñendo movelo ao porto da Coruña ou ao Muelle do Centenario, para así levar o evento a un lugar adecuado para celebralo. Non dixeron nada, autorizárano en Bens e o festival foi para diante a pesar do noso requerimento. Nós tamén requerimos unha xuntanza coa concelleira de medioambiente, Noemí Diaz, pero nin si quera se nos deu resposta. Agora, o seguinte que imos facer é publicar unha nota de prensa mostrando todo o que se fixo mal por parte de Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, xa que tamén lle deron apoio ao festival patrocinando o evento. Presentamos dous recursos administrativos, un frente ao rexistro do Concello da Coruña o día 26 de xuño e un recurso distinto centrado nas especies protexidas, diante da Delegación na Coruña da Consellería de Mediomabiente ese mesmo día. A día de hoxe, non recibimos resposta de ninguno dos recursos, pero nós vamos a seguir insistindo.

Despois da polémica pola localización do festival, cres que no futuro celebraránse máis eventos deste tipo en Bens?

Non teño unha bola de cristal para predecir o futuro, pero eu creo que si o Concello é realmente sensible co medioambiente como di que é, non autorizará ningún tipo de concerto en ningún espazo natural da cidade porque existen lugares alternativos onde poderían celebrarse este tipo de eventos sen ningún tipo de impacto ambiental. A lexislación está moi clara desde o punto de vista ambiental, só queda pedirlles aos promotores que pensen en verde e propoñerlles que chamen as asociacións ambientalistas, que nós estaríamos encantados de darlles consellos de expertos en temas ambientais. Neste caso, o Concello da Coruña obviou todo o compoñente ambiental na autorización. Para o futuro, gustaríanos que o Concello tivera en consideración a lexislación de ruidos que aprobaron eles mesmos.”

Por último, onde porías ti a liña entre cultura, promoción económica e protección de medioambiente en festivais como o Wake Up & Dream?

Son planos que teñen moitas interseccións, non van independientes, podes facer iniciativas de interese económico onde tamén estás promocionando o medio natural. Sen ir más lonxe, o pasado fin de semana celebrouse a feira máis grande de Reino Unido en Rutland Water, que consiste na promoción de turismo sostible e a relación coas aves. A feira celébrouse nun espazo natural pero cunhas condicións moi ben estipuladas, controlando a xente, os ruidos e os residuos. Moitas veces pode dárselle valor engadido a este tipo de festivais dicindo que é un festival ambientalmente sensible, por exemplo, controlando as emisións de son ou tendo en conta os ciclos naturais das plantas, creo que esto podería ser moi interesante para os propios promotores. O Concello da Coruña non é moi grande pero ten o tamaño suficiente para pode dar cabida a este tipo de iniciativas, chegando a celebrar eventos movendo a miles de persoas a lugares onde ecoloxicamente non teñen un impacto. Sin embargo, en zonas como o Parque de Bens ou a contorna da Torre de Hércules, tamén pode xerarse riqueza de coñecemento, non riqueza económica como tal. Un paseo por estes espazos naturais na cidade é un privilexio e nos proporciona saúde, pero incluso a saúde tamén e diñeiro e se pode monetizar.